Franciscanos Coruña
14 de feb de 20202 min.
Actualizado: 18 de jun de 2020
Estimadas familias, Paz e Ben. Co motivo do ENTROIDO está programada para o venres día 21 de febreiro, pola tarde, unha festa no Colexio organizada polo Centro e maila ANPA, coa colaboración do profesorado, alumnado voluntario de 3º e 4º de Secundaria e exalumnos.
Para Infantil haberá un taller de maquillaxe entre outras actividades.
Gustaríanos contar coa participación de todo o alumnado. Os nenos/as terán que vir disfrazados/as e con moitas ganas de pasalo ben.
Horario:
- Entrada ás 15:00h (apertura da porta para tódolos alumnos, incluídos os de comedor que van a disfrazarse a súa casa).
- Saída ás 17:00h (cada curso sairá polas portas habituais).
- Infantil sairá ás 16:45h.
Comedor: o alumnado de comedor poderá traer o disfraz (nunha bolsa co seu nome) para disfrazarse no Centro, ou poderedes vós mesmos vir disfrazalos entre as 14:15h e as 14:45h. Se algún deles non vai facer uso do comedor neste día é preciso avisalo, na Secretaría do Centro, o mércores ou xoves.
*O alumnado de 3º e 4º de Secundaria venderá, entre outros, produtos típicos destas festas para recaudar fondos para a excursión de fin de etapa.
AVISOS:
- Os alumnos/as de Infantil deberán vir pola mañá co chándal do colexio, xa que os imos vestir cos disfraces feitos con cartón e outros materiais. Se a climatoloxía o permite, sairemos a percorrer o contorno próximo durante a xornada de mañá.
- Lembrámoslles que, pola Lei de Protección de Datos, non se poden sacar fotos dentro das instalacións do Centro. As imáxenes da festa publicaranse na nosa web.
- Non se permite traer petardos, sprays, confeti... nin aquelas cousas que poidan molestar aos demais.
- Pola tarde non haberá actividades extraescolares.
- Son días non lectivos: 24, 25 (Entroido) e 26 de febreiro (mércores de cinza), 19 de marzo (festividade autonómica - Día San Xosé), 20 de marzo e 18 de maio (días autorizados pola Consellería)