Franciscanos Coruña

19 de oct de 20231 min.

Grazas, Pilar...

Os mestres e as mestras temos unha curiosa forma de medir o tempo. Para nós, a vida avanza en cursos, non en anos; co cal o ritmo é ben diferente.

Onte vivimos unha xornada moi emocionante porque, curso a curso, a nosa compañeira Pilar remata a súa etapa laboral e inicia a súa merecida xubilación.

Con cantas vivencias, anécdotas e aprendizaxes nos deixa! Pola mañá fixémoslle un corredor de aplausos con todo o noso cariño e, pola tarde, abrazámola no patio, con moitos cánticos e bágoas, para que leve un bo recordo do seu último día no cole.

Parabéns, Pilar!

    195
    17