Beatriz Míguez Candal

13 de jun de 20221 min.

PUBLICACIÓN LISTAXES REQUERIMENTO EMENDA SOLICITUDES BOLSA DE COMEDOR

Hoxe 13 de xuño de 2022 publicouse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, a listaxe de requirimento de emenda de documentación das solicitudes da convocatoria para a concesión de bolsas municipais para o pago de comedores escolares no curso escolar 2022/2023. Pódense consultar en:

A listaxe cos requirimentos de emenda de documentación, identificarán as solicitudes atendendo ao código de asento de rexistro de entrada da solicitude inicial e ao número de expediente asignado e se referirá á acreditación do cumprimento de requisitos do apartado 6 e documentación do apartado 10 da convocatoria (en caso de non atender a este requirimento ou non facelo adecuadamente terase por desistida a solicitude); así como da corrección da documentación xustificativa doutras circunstancias a valorar distintas da situación económica da unidade familiar do apartado 11 (en caso de non atender a este requirimento ou non facelo adecuadamente NON se terá por desistida a petición).

O prazo para a presentación da documentación requirida é do 14 ao 28 de xuño, ambos incluídos, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

    76
    1