CIENCIAS DA NATUREZA - 4º PRIMARIA

Actualizado: hace 5 días

30/03/2020 - TAREFAS ATA O 14 DE ABRIL


Bos días! Xa rematamos o tema 4. Quédanos corrixir as últimas actividades que vos mandei. Logo, empezamos pouco a pouco o tema 5.


CORRIXIMOS EXERCICIOS PENDENTES

Revisar


TEMA 5 – A MATERIA E AS MÁQUINAS

Empezade facendo a portada do tema.


A MATERIA E AS SÚAS PROPIEDADES – P. 86

Desta páxina tedes que comprender tres conceptos: materia, masa e volume.

  • MATERIA: é todo o que te rodea. Todo o que nos rodea está feito de materia, é materia. Mesmo o aire que non ves é materia. Materia é todo o que ocupa un lugar. Xa sei que pensas que o aire non ocupa lugar, pero iso non é verdade. O aire ocupa lugar! E, se non, mira o que pasa cando inflas un globo.

  • MASA: a masa é a cantidade de materia que ten un corpo. Asociamos a masa ao peso das cousas, porque podemos medila en quilos ou gramos usando balanzas.

  • VOLUME: o volume é o lugar que ocupa un corpo. Observa ao teu redor e verás que as cousas ocupan un espazo determinado. Pois todo o que ves ten un volume.


Le a páxina 86 e subliña as ideas principais có teu “fosforito”. Elabora un pequeno esquema partindo do subliñado. Podes engadir debuxos!



OUTRAS PROPIEDADES DA MATERIA – P. 87


Todo o que nos rodea está feito de diversos materiais: madeira, metal, plástico, cristal, tea… Cada material ten propiedades distintas e iso é o que nos explica esta páxina.


  • Le a páxina 87, so a primeira metade.

  • Realiza a seguinte actividade:


  • Para rematar, observa este vídeo


SUBSTANCIAS PURAS E MESTURAS – P. 88


Fagamos un resumo do estudado ata agora: estamos todo o tempo a falar da MATERIA, de como está feita a materia, de que propiedades ten: a materia ten masa e volume, a materia pode ser flexible, resistente, ríxida, fráxil… Vimos distintos tipos de materiais, como a madeira, o cristal, a tea, o metal, o plástico… Ata aquí, todo entendido? Calquera dúbida, lembrade, escribide a cuartofranciscano@gmail.com.


Agora, imos falar de como se presenta ante os nosos ollos esa materia, vale? Observa esta foto, que ves?


Ben, é sal. Cres que o sal está so o está mesturado con algunha cousa? Observa ben…

Correcto, está so. O sal é unha substancia pura, porque non está mesturado con nada.


Agora, observa esta imaxe. Que é?

Ben, é tomate frito. Cres que o tomate frito é una substancia pura o pensas que, quizá, teña moitos ingredientes que non vemos? Observa ben:


Correcto, se miramos o envase, vemos que este produto está formado por moitas substancias que están mesturadas… aínda que non as vexamos. Isto é unha mestura, non unha substancia pura. Entendes a diferenza?


Observa agora esta imaxe. Podes distinguir os ingredientes deste prato?


Efectivamente, pódense distinguir. Dicimos que estamos a ver unha mestura heteroxénea, porque podemos ver todos os compoñentes da mestura.


En cambio, se volvemos ao exemplo do tomate frito, neste caso non podemos observar os seus ingredientes, aínda que saibamos que hai moitos nesa preparación. Pois ben, dicimos que o tomate frito é unha mestura homoxénea.



  • Despois desta explicación, le a páxina 88. Alí, ademais destes conceptos que acabamos de explicar, fala de disolucións, de disolventes e de solutos. Non fai falta que o aprendas por agora.

  • Para finalizar, pídovos algo divertido, a ver se vos gusta e podedes facelo en casa. A actividade consiste en sacar tres fotos a tres elementos que teñades en casa:

  1. Unha substancia pura (averiguade en internet outras substancias puras que existen, así non repetides o exemplo do sal)

  2. Unha mestura homoxénea.

  3. Unha mestura heteroxénea.


Podedes salir vós nas fotos. Logo, coas que reciba antes do día 14 de abril, podemos facer unha galería de fotos, así nos vemos outra vez. Eu tamén participo!


Unha aperta grandísima, boto de menos explicar en directo nas clases. Espero que entendades o que explico. Lembrade, as dúbidas, por correo.


23/03/2020 - TAREFAS ATA O 30 DE MARZO


Bos días! Imos rematar o tema 4 estudando como debemos alimentarnos. Non esquezades ler e repasar o que estudamos ata agora neste tema. Ánimo! Calquera dúbida que teñades sobre a materia, podedes enviarme un correo a cuartofranciscano@gmail.com. Unha aperta!


CORRIXIMOS EXERCICIOS PENDENTES


Realiza a actividade 8

  • Filtran o sangue --> riles

  • Bombea o sangue --> corazón

  • Producen a suor -->glándulas sudoríparas

A NUTRICIÓN E A SAÚDE – PP. 72 e 73


  • ¿Lembras que nutrientes hai? Le con atención a páxina 72. Alí veredes o que aporta ao organismo cada nutriente. Tamén falará sobre a pirámide alimentaria, aínda que agora se fala máis de “roda alimentaria”.

  • Cando remates a lectura, mira o seguinte vídeo, no que verás un resumo destes conceptos.


  • Le a páxina 73, que fala sobre a conservación dos alimentos e outros consellos para coidar a saúde.


ACTIVIDADE

Realiza unha gran roda de alimentos (utiliza o compás, por favor) nunha folla de debuxo de plástica ou cartulina blanca similar.


Ideas para que quede chulísima:


  • Se tes o podes obter algún folleto con publicidade de alimentos, como os que realizan os supermercados, mellor. Alí hai todo tipo de imaxes para recortar e pegar na túa roda.

  • Se non tes folletos, podes recortar e pegar anacos de envases de alimentos que xa comiches en casa: cartulina coa marca de conservas, anacos de bolsas de pastas, arroces, pegatina do queixo, anacos de calquera tipo de envases que poidas.

  • As cousas que non podas recortar e pegar (por exemplo, un peixe), podes debuxalo. O importante é que realices unha roda o máis completa que poidas utilizando debuxos e cousas que teñas por casa…


PRAZO DE ENTREGA: Este traballo o entregaredes á volta das clases. Ide facéndoo!


REPASAMOS A UNIDADE

Rematamos a unidade coas seguintes actividades de repaso:

  • P. 75, exs. 1, 2, 3, 4, 5, 6

  • P. 76, exs. 1, 2, 8, 9


17/03/2020 - TAREFAS ATA O 23 DE MARZO


Queda pouco para rematar o tema 4 de Ciencias da Natureza. Quedamos na páxina 71, coa explicación do Aparato Excretor. Propóñovos rematar esta páxina e mirar uns cantos vídeos (están en castelán) sobre os distintos sistemas e aparatos que estudamos.


APARATO EXCRETOR – P. 71

1. Comeza cunha lectura do apartado “A excreción e o aparato excretor”, na páxina 71.

2. En clase sempre facemos o subliñado das ideas principais. Anímaste a facelo so?

3. Realiza a actividade 8.


REPASA OS DISTINTOS APARATOS QUE ESTUDAMOS


Función de nutrición


Aparato respiratorio


Aparato circulatorio


Aparato excretor

XOGA UN POUCO - tes que deixar pasar a publicidade

Aparato dixestivo

Aparato respiratorio


399 vistas

981 26 26 06

Durante el período de suspensión de la actividad educativa, el horario de atención de la Secretaría será de 10 a 13 h y solo por correo electrónico a franciscanos@planalfa.es

Las programaciones de las distintas materias se encuentran a vuestra disposición para su consulta en el Centro.

 

© 1971 - 2020 COLEGIO PLURILINGÜE  FRANCISCANOS CORUÑA