CIENCIAS SOCIAIS - 1º PRIMARIA

Actualizado: hace 3 días

25/05/2020


Nesta semana propóñovos as páxinas 80, 81, 82 e 83 do novo tema O sol  e a paisaxe. Os que non teñan libro ou non poidan imprimir, copiarán os recadros amarelos das páxinas 82 e 83 na libreta, e farán o resto das actividades oralmente.






Déixovos uns videos sobre o sol e a lúa, para aprender un pouco máís.


Para saber un pouco máis do Sol pinchade na palabra SOL.

Para saber máis da lúa pinchade na palabra LÚA.


18/05/2020


Para esta semana faremos as páxinas 76, 77, 78 e 79 para os que teñan o libro ou poidan imprimir. Os que non poidan facelo , deben copiar a actividade 2 da páxina 77  na libreta.

Ademáis envíovos un pequeno experimento, que podedes facer xunto cos vosos pais e nais.

11/05/2020


Ola, para nesta semana imos ver os estados da auga: líquido: a auga que bebemos; sólido: un cubiño de xeo (hielo) e gaseoso: o vapor da auga dunha olla cando a quentamos. E tamén saberemos máis cousas sobre o aire, necesario para todos os seres vivos (persoas, animais e plantas).

Envíovos as páxinas 72, 73, 74 e 75 do libro. Os que non teñan impresora poden facer as actividades oralmente. Gustaríame que todos me enviásedes as actividades 2 da páx. 73 (completar con: vapor de auga, sólido ou xeo) e 4 da páx. 75, escritas na vosa libreta.


Páxina 72

Páxina 73

Páxina 74

Páxina 75


Tamén  na vosa libreta debedes  escribir dúas accións que axuden a  evitar a contaminación do aire.


Gustaríame velas.


Un saudiño


Bea Valiño

04/05/2020


Ola de novo viaxeiros e viaxeiras, imos empezar o tema 7 no que estudiaremos a auga, o aire e o tempo atmosférico.


Envíovos as fotos do libro, pero non fai falta que as imprimades, podedes velas no ordenador e facer as actividades oralmente.



O que podedes escribir nunha libreta, e enviarme unha foto, son as respostas ás seguintes preguntas sobre o debuxo da páx. 68, poñendo o número e a resposta, sen copiar a pregunta:

  1. Que permite que se movan os barcos e o papavento?

  2. Sobre que elemento(auga, terra, aire) se desprazan os barcos? 

  3. Onde se leva a cabo a carreira: nunha praia ou nun lago?

  4. Que outros deportes que se poidan practicar na auga coñeces?

  5. Que  tempo (atmosférico) fai?


Mándovos un bico polo aire.


Bea

27/04/2020


Ola viaxeiros e viaxeiras! Esta semana faremos un repaso desta  unidade  e tamén do tema da rúa.


Para iso envíovos as fotos do libro de sociais.


Gustaríame que me enviásedes ao meu correo: beatrizvalinofrancis@gmail.com, a actividade da semana pasada da Avoa viaxeira, para ver o chulos que vos quedaron os debuxos.


Un bico viaxeiro

411 vistas

981 26 26 06

Durante el período de suspensión de la actividad educativa, el horario de atención de la Secretaría será de 10 a 13 h.

© 1971 - 2020 COLEGIO PLURILINGÜE  FRANCISCANOS CORUÑA