CIENCIAS SOCIAIS - 4º PRIMARIA

Actualizado: hace 5 días

31/03/2020 - TAREFAS ATA O 14 DE ABRIL


Ola! Que tal ides? Esta semana imos rematar o tema 4, así xa empezamos co Historia! Comezamos coa corrección dos exercicios pendentes.


REVISAMOS EXERCICIOS PENDENTES

Responde na túa carpeta estas preguntas:


  1. Que é o traballo? O traballo é a actividade humana que ten como obxectivo a produción de bens e servizos.

  2. Quen forma parte de poboación activa? As persoas que forman parte da poboación activa son os maiores de 16 anos que traballan ou queren traballar (é dicir, que aínda que non teñan traballo, poderían traballar).

  3. Desa poboación activa, como se chaman os que teñen traballo? Os que teñen traballo chamámolos poboación ocupada.

  4. Desa poboación activa, como se chaman os que non teñen emprego? Os que non teñen emprego forman parte da poboación en paro.

  5. Quen forma parte da poboación non activa? A poboación non activa son as persoas que non teñen idade de traballar (como o caso dos nenos) e os xubilados. Tamén forman a poboación non activa aquelas persoas que non queren traballar a cambio de diñeiro.

  6. Realiza a actividade 19. Resposta individual, cada un terá unha resposta distinta.


CONSUMO – PP. 84 e 85


Este tema é moi sinxelo. Facede unha lectura das dúas páxinas e subliñade ideas que vos parezan importantes. Nesta situación que estamos vivindo, paréceme que resulta de actualidade facer o exercicio 27. (NOTA: avísame Andy que no seu libro este exercicio é dixital. Isto quere dicir que temos libros con distinta numeración de exercicios. Por tanto, escribo a continuación o enunciado que quero que fagades, que corresponde ao voso exercicio 28)


Fai unha lista con productos necesarios e outra con productos menos necesarios. Cales comprarías primeiro?

REPASO A UNIDADE – PP. 86 e 90


  • Rematamos a unidade cos típicos exercicios de repaso. Facede o exercicio 32 (ou 33, se tes a numeración cambiada), que consiste en completar o esquema que hai na páxina 86.

  • Voluntariamente, no mesmo libro e con lapis, realiza o test da páxina 90.


Cando remates, comproba que está todo ben observando este documento.


TEMA 5 – A PREHISTORIA

Realiza unha portada sinxela para este tema.


Deixamos aquí o traballo por esta semana. Retomamos á volta de Semana Santa. Espero que, a pesar de estar en casa, pasedes unha boa semana, que aproveitedes para xogar, descansar, ler moito, crear cousas chulas e pensar que felices eramos e non sempre nos dabamos conta.


Unha aperta enorme!



23/03/2020


Queridos alumnos e alumnas:


Calquera dúbida que teñades sobre a materia, podedes enviarme un correo a cuartofranciscano@gmail.com. Como este tempo de suspensión de clases aínda non ten fin, penso que non haberá tempo de recuperacións. Deixamos suspendida esta avaliación.


Centrádevos en aprender as actividades económicas, un tema de máxima actualidade a día de hoxe... que sector económico estase a ver moi perxudicado neste tempo de crise?


Traballade coas actividades que vos mandei a semana pasada. A próxima semana, empezamos con historia!


Unha aperta,

Laura


16/03/2020 - TAREFAS ATA O 27 DE MARZO

Quédanos pouco para rematar este tema 4, así que imos aproveitar o tempo. Nos vos preocupedes por avaliacións ou notas, xa haberá tempo de todo iso. Traballade con ilusión e con gañas de aprender. Algúns de vós tedes unha avaliación de recuperación que faremos á volta. Repasade un pouco cada día.

Unha aperta grandísima!

Laura


AS ACTIVIDADES ECONÓMICAS EN ESPAÑA

  • Le a páxina 80. Aquí aprenderás estes conceptos: traballo, poboación activa, poboación ocupada, poboación en paro e poboación non activa. Coida ler atentamente.

  • Responde na túa carpeta estas preguntas:

1. Que é o traballo?

2. Quen forma parte de poboación activa?

3. Desa poboación activa, como se chaman os que teñen traballo?

4. Desa poboación activa, como se chaman os que non teñen emprego?

5. Quen forma parte da poboación non activa?

6. Realiza a actividade 19.


SECTORES ECONÓMICOS

Le as páxinas 81 e 82. Logo, realiza un pequeno esquema cos tres sectores: primario, secundario e servizos. Nel tés que escribir a definición e poñer dous ou tres exemplos de traballos de cada sector. Podes facer un debuxo de cada un debaixo do esquema.

237 vistas

981 26 26 06

Durante el período de suspensión de la actividad educativa, el horario de atención de la Secretaría será de 10 a 13 h y solo por correo electrónico a franciscanos@planalfa.es

Las programaciones de las distintas materias se encuentran a vuestra disposición para su consulta en el Centro.

 

© 1971 - 2020 COLEGIO PLURILINGÜE  FRANCISCANOS CORUÑA