CIENCIAS SOCIAIS - 5º PRIMARIA

Actualizado: hace 2 días

31/03/2020 – TAREFAS ATA O 14 DE ABRIL

Bos días a todos! Xa recibín varios traballos sobre os monumentos, moi orixinais e interesantes. Seguide traballando con ánimo, empezamos con Historia!

REVISAMOS EXERCICIOS PENDENTES

O primeiro que facemos sempre en clase é corrixir os exercicios pendentes.

Revisión de exercicios

UNIDADE 5 – A IDADE MEDIA

Facede unha portada deste tema. Moi sinxela!!!

INTRODUCIÓN - ATLAS – PP. 44 a 50

O ano pasado estudamos uns conceptos que están resumidos nestas páxinas do Atlas: historia, fontes históricas, idades da historia, Prehistoria, Paleolítico, Neolítico, Idade dos Metais e Idade Antiga. Non imos volver a estudar todo isto, pero si é importante que fagamos un repaso rápido para situarnos na seguinte etapa que nos toca, a Idade Media. Lede estas páxinas e subliñade as ideas principais.


Aquí tedes un vídeo moi completo que vos pode resultar de interese para repasar o estudado o ano pasado.


O LONGO PERÍODO MEDIEVAL – PP. 90 E 91


Para comezar coa Idade Media, gustaríame que fagades unha primeira lectura destas dúas páxinas do libro, 90 e 91. Non son conceptos sinxelos os que explica, así que tras esta primeira lectura, imos ver un vídeo. Fala bastante rápido, pero é interesante. Haberá cousas que non entenderedes, pero haberá outras que vos parecerán curiosas e aprenderedes algo máis. Espero que vos guste:



Do seguinte vídeo, interésanme só os primeiros tres minutos e medio. Mirádeo porque resume moi ben o que pasou coa invasión dos pobos xermánicos, momento do inicio da Idade Media.



ACTIVIDADE

En Plástica, mandei facer un un cofre de tesouros. Pos ben, imos poñer dentro do noso cofre o primeiro obxecto para atesourar: unha liña do tempo, así non se nos esquece nunca.


Tedes un modelo na páxina 45 do Atlas, pero podedes buscar outros en Internet e facer libremente unha liña do tempo ao voso gusto. Na seguinte galería de fotos, déixovos algúns exemplos de formatos de liñas do tempo que me gustan. Só estades a ver formatos, ideas de como podedes facela, non tedes que copiar o contido que vedes alí.


Podedes elixir aquel que vos guste máis, que vos inspire a ser creativos e, loxicamente, aquel para o que teñades materiais en casa para facer. Gústame especialmente o da caixa de mistos (cerillas). Como diría Ebrú, é moi "cuqui" 😊. Buscádeo!

Espero que vos guste a actividade. Á volta de Semana Santa, imos comezar a estudar o Reino Visigodo de Toledo e o Al Ándalus. Xa veredes que interesante!!!


23/03/2020

Os que queirades enviarme o traballo, podedes facelo ao correo cuartofranciscano@gmail.com. Se o tedes feito a man, xa mo dades á volta. Tamén podedes usar este correo para enviarme as dúbidas que teñades sobre a materia. Unha aperta!


16/03/2020 - TAREFAS ATA O 27 DE MARZO


Que raro é todo isto! Pero aquí estamos e temos que continuar cos medios que temos. Nos vos preocupedes por avaliacións ou notas. Traballade con ilusión, con gañas de aprender. Quédanos pouco para rematar este tema 4, así que imos aproveitar o tempo. Unha aperta grandísima!

Laura


SOMOS CIDADÁNS EUROPEOS

· Le as páxinas 76 e 77. Subliña as ideas principais.

· Exercicio 23.


REPASO

· Páxina 78, completa o esquema copiándoo na carpeta.

· Páxina 79, realiza os exercicios 31 e 34.


TRABALLO DE INVESTIGACIÓN

Podes aproveitar estes días en casa para realizar un breve traballo de investigación sobre monumentos europeos. Elixe un monumento europeo e averigua datos de interese sobre el: a súa arquitectura, historia, uso ou motivo de construción. Engade unha fotografía ou debuxo. Podes facer o traballo sobre o tipo de folla que queiras e teñas en casa.

Aquí tedes algúns exemplos de monumentos que podes elixir, aínda que tamén podes seleccionar outro monumento que non estea nesta listaxe:


  • Torre de Pisa (Italia)

  • Palacio de Versalles (Francia)

  • A Alhambra (España)

  • Basílica de San Pedro (Cidade do Vaticano)

  • Stonehenge (Inglaterra)

  • Catedral de San Basilio (Rusia)

  • Torre Eiffel (Francia)

  • Big Ben (Reino Unido)

  • Basílica Santa Sofía (Turquía)

  • Partenón de Atenas (Grecia)

  • Coliseo de Roma (Italia)

  • Sagrada Familia (España)

266 vistas

981 26 26 06

Durante el período de suspensión de la actividad educativa, el horario de atención de la Secretaría será de 10 a 13 h y solo por correo electrónico a franciscanos@planalfa.es

Las programaciones de las distintas materias se encuentran a vuestra disposición para su consulta en el Centro.

 

© 1971 - 2020 COLEGIO PLURILINGÜE  FRANCISCANOS CORUÑA