CIENCIAS DA NATUREZA - 1º PRIMARIA

Actualizado: mar 29

16/03/2020

Nesta semana faremos un debuxo dunha planta e sinalaremos as súas partes: raíces, talo, folla e flores. Además debuxaremos tres flores en folios diferentes, coloreamos e poñemos os nomes.


23/03/2020

Estamos a traballar no tema das plantas. Recordades o que necesitan para vivir: auga, aire e sol. Que vos parece se estes días poñemos unha faba, un garabanzo, unha lentella nun vaso ou nunha bolsa de plástico transparente con un pouquiño de algodón e observamos o que pasa ao longo dos días. Temos que botarlle un pouco de auga, e poñela nun sitio que teña luz. Despois podemos facer algún debuxo ou foto que compartiremos cando volvamos. 


30/03/2020

Repasamos o tema das plantas.

- ¿Que necesitan as plantas para vivir? Auga, aire e sol.

- Partes das plantas: Raíz, talo, folla, flor e fruto.

- Tipos de plantas: herbas (pequenas), arbustos (medianas) e árbores (grandes).

- Al plantas silvestres son as que crecen na natureza e as plantas cultivadas son as que coidan as persoas.


Con todo esto faremos a ficha para repasar. Material para descargar


Se tedes algunha dúbida pode ser consultada no correo:angelescupeirovarelafrancis@gmail.com


94 vistas

981 26 26 06

Durante el período de suspensión de la actividad educativa, el horario de atención de la Secretaría será de 10 a 13 h y solo por correo electrónico a franciscanos@planalfa.es

Las programaciones de las distintas materias se encuentran a vuestra disposición para su consulta en el Centro.

 

© 1971 - 2020 COLEGIO PLURILINGÜE  FRANCISCANOS CORUÑA