LINGUA - 5º PRIMARIA

Actualizado: hace 2 días

03/04/2020

Ola, meus nenos e nenas. Non podo "irme de vacacións" sen publicarvos as correccións das tarefas das dúas semanas pasadas.


Tarefas do día 17 de marzo:

“Repasa as unidades” – Unidade 7 - Páxina 155. Exercicios: 1, 2, 3, 4 e 6. Exercicio 1: resposta libre. Exercicio 2: a) (...) proxectarase o sábado á mañá. b) Non hai límite de idade para participar no campionato de xadrez. c) O arquipélago encantado é unha obra de teatro. d) Os textos da guía son descricións de actividades de ocio. Exercicio 3: contacontos = conta + contos; trabalinguas = traba + linguas.

Exercicio 4: Menores de dez anos gratis. Os menos de dez anos entran gratis. Exercicio 6: arquipélago (leva porque é esdrúxula), familia (non leva porque é grave e acaba en vogal), matinal (non leva porque é aguda e remata en consoante distinta de -n ou -s), sesión (leva porque é aguda e remata en -n), febreiro (non leva porque é grave e remata en vogal), límite (leva porque é esdrúxula). “Ponte a proba” – Unidade 7 - Páxina 156. Exercicios: 1 (lectura), 2, 3, 4 e 5. Exercicio 2: As pantallas son os protagonistas do Entroido de Xinzo de Limia. No Entroido as pantallas asustan ás persoas que non levan disfrace. Exercicio 3: disfrace, vista, vestir. Exercicio 4: pronomes persoais tónicos: elas, nós. pronomes persoais átonos: te, o, che, lles. Exercicio 5: A palabra imposible escríbese con b porque segue a regra que despois do b vai unha consoante. A palabra van escríbese con v porque a regra de ser unha forma do verbo ir.

Tarefas do día 23 de marzo:

"Repasa as unidades" - Unidade 6 - Páxina 137. Exercicios: 1, 2, 3, 4, 5 e 6. Exercicio 1: Pasas (uvas secas) Exercicio 2: Non se empregan a pementa nin o allo. Exercicio 3: determinante indefinido: uns; determinante numeral ordinal: primeiro; antónimo de grosa: fina; palabra derivada de masa: amasamos. Exercicio 4: Agudas: continuación, despois, comer. Graves: leite, ingrediente, forno. Esdrúxulas: plástico, riquísimo. Exercicio 5: Limpa é un adxectivo en grao positivo, feminino e singular. Riquísimo é un adxectivo en grao superlativo, masculino e singular. Exercicio 6: saleiro de sal; enfornar de forno; oveira de ovo; azucreiro de azucre; enfariñar de fariña; cullerada de culler.


Espero que estes días aproveitedes para deixar todo o do colexio a un lado e facer actividades diferentes en familia. Eu, a partires de hoxe tamén vou descansar un pouco e coller pulos para rematar o curso xuntos... ainda que esteamos separados.


Mándovos un aplauso para vós: polo ben que estades a facelo. Bicos.


María

02/04/2020


Bo mes de abril a todos!

Para todos os que teñades problemas para dar de alta o voso libro dixital de Lengua ou Lingua lémbrovos que antes de introducir o "Código da clase" hai que introducir a licencia do voso libro que figura na parte de dentro da contraportada do libro do primeiro trimestre.

Si a alguén dille que ese número de licencia xa foi usado, indicádesmo por correo electrónico (mariabaspinofrancis@gmail.com) e eu facilitareivos un código personal individualizado. Especificádeme si necesitades un código para Lengua, para Lingua ou para as dúas asignaturas.

Bo xoves.

María

30/03/2020


Ola meus anxiños! Que tal vai todo? Miña familia máis eu estamos ben, coma vós: na casa e comunicándonos a través do teléfono e das videochamadas, con eles e máis coas amistades.

Quero felicitarvos polo tempo que levades na casa. Sodes un exemplo marabilloso para toda a sociedade por adaptarvos a esta situación e transmitir alegría e positivismo a todos os maiores que vos rodeamos. Noraboa! Este venres colgareivos as tarefas das dúas semanas pasadas correxidas.


A tarefa para este venres 3 de abril é instalar voso libro dixital ("Lingua da editorial SM - Savia") nunha tablet ou ordenador.

O primeiro paso é rexistrarse na páxina web de SM. Mándovos un PDF (está en castelán e é o mesmo documento que vos puxen na asignatura de LENGUA) coas instruccións para o "rexistro e activación de SM aprendizaxe". A vosa licencia (diferente para cada un de vós) está por dentro da contraportada do libro do primeiro trimestre.

Rexistro e activación de SM aprendizaxe Cuando vos pida o código de clase, o de LINGUA é: s00BTMBAX Logo eu "aceptareivos" na clase e xa teredes activado o libro dixital. Non é "obrigatorio" instalar a aplicación (Aprendemos) nunha tablet pero, probablemente, séxavos máis cómodo. Se fixestes o poema voluntario da semana pasada, mandádemo, por favor, ao meu novo enderezo electrónico do colexio: mariabaspinofrancis@gmail.com, así correxiréivolo e reenviaréivolo (algúns xa o fixestes e están ESTUPENDOS). Se líchedes o libro de Pepe Carreiro ,"Os habitantes dos castros", encantaríame coñecer a vosa opinión e que ma contárades nun correo electrónico. Como veñen as vacacións de Semana Santa e estaremos na casa, mándovos outro libro moi rápido e entretido... A min gústame ata o título: "Boa sorte" de María Solar.

Boa sorte

De novo, quero felicitarvos polo exemplo que estades dando os nenos e xóvenes a toda a sociedade. Mándovos bicos a moreas.


María

23/03/2020


Ola meus raparigos e raparigas! Imos a pola segunda semana de estar na casiña. Da tempo de moitas cousas e temos que aproveitar para facer iso que nos gusta e que, normalmente, non damos feito: ler, xogar coa familia, ver películas...


Esta semana só vos vou marcar 6 exercicios:

"Repasa as unidades" - Unidade 6.

Páxina 137. Exercicios: 1, 2, 3, 4, 5 e 6.


E logo o poema (voluntario) que como vos expliquei na asignatura de Lengua, pode ser nunha lingua, en dúas ou nas tres que traballamos en Primaria. Ao ser unha tarefa voluntaria, quen queirades podedes facer un poema que exprese os vosos sentimentos neste momento ou calquer tema que vos inquede nestes momentos e, en lugares dunha foto, podedes ilustralo cun debuxo. Se queredes que volo corrixa non dubidedes en mandarmo ao meu novo enderezo electrónico do colexio: mariabaspinofrancis@gmail.com A este enderezo podedes mandarme as vosas dúbidas, consultas ou suxerencias.


Pásovos un libro que está escaneado en 17 fotos: "Os habitantes dos castros" de Pepe Carreiro. Este libro encántame e non o teño. Escaneeino dunha exalumna que mo emprestou hai uns anos porque está esgotado nas librarías e xa non o reeditan. A súa lectura e voluntaria pero espero que vos guste.


















Unha aperta.


María

17/03/2020:


Ola a todos e todas. Espero que esteades ben na casiña. Nós, coma vós, aprendendo a traballar desde a casa e vendo o xeito de adaptamos a esta nova situación.


En Lingua xa fixeramos o exame da unidade 7 e quedaramos que a 8 entraría para a 3ª avaliación. Nesta semana imos facer tarefas de repaso.


Tarefas para estos días:

“Repasa as unidades” – Unidade 7.

Páxina 155. Exercicios: 1, 2, 3, 4 e 6.


“Ponte a proba” – Unidade 7.

Páxina 156. Exercicios: 1 (lectura), 2, 3, 4 e 5.


Non hai que copiar as ordes de traballo, pero si que hai que poñer brevemente o que hai que facer: “Cal é a palabra primitiva”, “Copia e clasifica os pronomes”, “Copia e corrixe as afirmacións falsas”… Fixádevos, especialmente, cando na orde pídenvos varias tarefas.



Lémbrovos a aplicación: “Dicionario da RAG” (que está disponible para móbiles e tabletas) ou, no seu defecto, a súa páxina web. É o dicionario da Real Academia Galega. É o oficial e o máis completo que existe en lingua galega.


Dicionario da RAG


Adxúntovos un enlace no que tedes acceso a actividades de manualidades e pasatempos en galego.


Pasatempos en galego


Mándovos un feixe de bicos e unha aperta “virtual” con todo o meu agarimo.


María Baspino

313 vistas

981 26 26 06

Durante el período de suspensión de la actividad educativa, el horario de atención de la Secretaría será de 10 a 13 h y solo por correo electrónico a franciscanos@planalfa.es

Las programaciones de las distintas materias se encuentran a vuestra disposición para su consulta en el Centro.

 

© 1971 - 2020 COLEGIO PLURILINGÜE  FRANCISCANOS CORUÑA