Resolución do 5 de maio de 2020 (DOG 06/05/2020).
Regulado polo Decreto 254/2012, do 13 de decembro (DOG 26/12/12) e desenvolvido pola Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15/03/2013), modificada pola Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG 1/02/2017)
Presentación das solicitudes de admisión: do 11 ao 18 de maio de 2020. Só se pode presentar unha ÚNICA SOLICITUDE no Centro elexido como primeira opción. O feito de non ser así conleva a perda da prioridade.
Criterios do baremo: Presentación da documentación acreditativa ata o día 26 de maio, unicamente nos centros con máis demanda que oferta de postos escolares.
Letras para empregar no proceso de desempate se é preciso:
1er Apelido: letra 1ª: T - letra 2ª: G
2º Apelido: letra 1ª: E – letra 2ª: X
Publicación das listaxes PROVISIONAIS do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño. Poderánse formular reclamacións no prazo de 3 días hábiles contados a partir do día seguinte da súa publicación.
Publicación das listaxes DEFINITIVAS: ata o 26 de xuño
Prazos de formalización da matrícula:
Infantil e Primaria
do 1 ao 10 de xullo
Secundaria
Prazo ordinario do 1 ao 10 de xullo
Prazo extraordinario do 1 ao 10 de setembro
Se finalizado o prazo de matrícula non se tivese formalizado ésta, perderase o dereito á praza obtida.
NOTA INFORMATIVA
O alumnado matriculado nun Centro que presente solicitude noutro, deberá remitir copia da solicitude de admisión presentada ao centro de orixe. Perderá o dereito de permanencia se resulta admitido no novo centro.
Horario de atención ao público: de 10:00 a 13:30 h.
Comentarios