Esta mañá toda a Secundaria tivemos un encontro literario no salón de actos no que lembramos a figura de Francisco Fernández del Riego, escritor, intelectual e político, creador precisamente da celebración do día das Letras Galegas.
Ademais de enxalzar ao homenaxeado deste ano 2023, compartimos textos de creación propia, relatos e poemas escritos en galego e recitados ante un público que soubo apreciar a calidade literaria dos compañeiros e compañeiras.
En realidade, a festa das Letras trata diso, de lembrar os devanceiros, pero tamén de seguir soñando en galego novas historias e novos versos.
Grazas ao alumnado de Secundaria pola súa xenerosidade á hora de compartir un anaquiño de cada un en cada traballo presentado. Parabéns!
Comments