Novas aulas dixitais
Anunciamos a boa nova da concesión dunha importante subvención para a dotación de 9 aulas dixitais no noso centro, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismos de recuperación e resilencia da Unión Europea, no marco do Plan de recuperación, transformación e resilencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, apoiado pola Xunta de Galicia.
Esta axuda foi invertida nos seguintes equipamentos en cada unha das 9 aulas, sustituíndo así aos dispositivos que xa tiñan:
-
1 Panel interactivo Smart 75´
-
1 Ordenador portátil i5
-
1 Accesorio Dock Station
Os obxectivos a acadar ca implantación das aulas dixitais son:
-
Acadar un óptimo rendemento e axilidade no emprego das distintas ferramentas didácticas.
-
Ampliar a vida operativa da aula grazas a renovación de equipos informáticos e de visualización, o que favorece unha optima visibilidade (paneis interactivos 75´).
-
Garantir a utilización de metodoloxías innovadoras favorecidas pola utilización de equipos preparados para incorporar os últimos avances dispoñibles.
-
Mellorar a aprendizaxe competencial e a formación en cultura dixital.
-
Favorecer no alumnado o desenvolvemento dunha actitude crítica e responsable no uso das tecnoloxías.
-
Usar o panel interactivo para a presentación e análise conxunta de traballos do alumnado.
-
Sacar o máximo partido ao emprego dos dispositivos Chromebook que poderán conectarse aos paneis interactivos de forma inmediata para compartir contidos.
-
Desenvolver a creatividade, a innovación e o emprendemento.
-
Ofrecer contidos máis ricos e temáticas innovadoras: robótica, sostenibilidad, aprendizaxes STEM, así como acercar virtualmente a cultura á aula.
-
Traballar na edición de contidos dixitais.
-
Preparar ao alumnado para entornos académicos e profesionais tecnolóxicos e dixitalizados
-
Axilizar o acceso a información, o que vai facilitar a multidisciplinareidade nas diferentes áreas.
-
Desenvolver unha mellor capacitación da competencia dixital tanto no alumnado como no profesorado.
-
Adquirir estratexias que permitan ao alumnado saber utilizar as tecnoloxías para a aprendizaxe e a comunicación, profundizando na comprensión dos contidos dixitais.
O noso colexio, atópase nun proceso de aposta decidida polo emprego das novas tecnoloxías en convivencia con outras metodoloxías educativas convencionáis. Dende o presente curso 22-23, está en marcha o Proxecto de dixitalización Chromebook, que consiste na implantación dun programa de aprendizaxe con dispositivos e licencias dixitais. Os novos equipamentos complementarán de xeito decisivo este proxecto, achegando o traballo na pantalla táctil da aula á pantalla táctil de cada alumno/a.
O investimento realizado supón un notable avance para a mellora dos procesos de ensino-aprendizaxe do centro. Dende aquí, o noso agradecemento a todos os organismos que posibilitaron estas axudas. Esperamos que sigan apostando pola transformación dixital nos centros educativos.
CONCESIÓN DE LA SUBVENCIÓN PARA LA DOTACIÓN DE AULAS DIGITALES COFINANCIADAS POR EL FONDO EUROPEO RELATIVO AL MECANISMO DE RECUPERACIÓN Y RESILIENCIA DE LA UNIÓN EUROPEA 2023 (ED301K)
Os obxectivos a acadar coa implantación
das aulas dixitais son:
-
Implantar 6 novas aulas dixitais, dotadas de panéis interactivos de 75" e ordenadores actualizados.
-
Incorporar actividades vinculadas ao emprego de medios audiovisuais na aula.
-
Acadar un óptimo rendemento e axilidade no emprego das distintas ferramentas didácticas.
-
Garantir a utilización de metodoloxías innovadoras favorecidas pola utilización de equipos preparados para incorporar os últimos avances dispoñibles.
-
Desenvolver unha mellor capacitación da competencia dixital tanto no alumnado como no profesorado.
-
Desenvolver a creatividade, a innovación e o emprendemento.
-
Promover o uso responsable das tecnoloxías.
-
Ofrecer contidos máis ricos e temáticas innovadoras: robótica, sostibilidade, aprendizaxes STEM, así como acercar virtualmente a cultura á aula.
-
Traballar na edición de contidos dixitais.
-
Ampliación da vida operativa das aulas dixitais.