top of page

Aulas dixitais - Fondos Next-Generation EU

Anunciamos a boa nova da concesión dunha importante subvención para a dotación de 9 aulas dixitais no noso centro, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismos de recuperación e resilencia da Unión Europea, no marco do Plan de recuperación, transformación e resilencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU e apoiado pola Xunta de Galicia.

logos.png

​Esta axuda foi invertida nos seguintes equipamentos en cada unha das 9 aulas, sustituíndo así  aos dispositivos que xa tiñan:

  • 1 Panel interactivo Smart 75´

  • 1 Ordenador portátil i5

  • 1 Accesorio Dock Station

 

Os obxectivos a acadar ca implantación das aulas dixitais son:

  • Acadar un óptimo rendemento e axilidade no emprego das distintas ferramentas didácticas.

  • Ampliar a vida operativa da aula grazas a renovación de equipos informáticos e de visualización, o que favorece unha optima visibilidade (paneis interactivos 75´).

  • Garantir a utilización de metodoloxías innovadoras favorecidas pola utilización de equipos preparados para incorporar os últimos avances dispoñibles.

  • Mellorar a aprendizaxe competencial e a formación en cultura dixital.

  • Favorecer no alumnado o desenvolvemento dunha actitude crítica e responsable no uso das tecnoloxías.

  • Usar o panel interactivo para a presentación e análise conxunta de traballos do alumnado.

  • Sacar o máximo partido ao emprego dos dispositivos Chromebook que poderán conectarse aos paneis interactivos de forma inmediata para compartir contidos.

  • Desenvolver a creatividade, a innovación e o emprendemento.

  • Ofrecer contidos máis ricos e temáticas innovadoras: robótica, sostenibilidad, aprendizaxes STEM, así como acercar virtualmente a cultura á aula.

  • Traballar na edición de contidos dixitais.

  • Preparar ao alumnado para entornos académicos e profesionais tecnolóxicos e dixitalizados

  • Axilizar o acceso a información, o que vai facilitar a multidisciplinareidade nas diferentes áreas.

  • Desenvolver unha mellor capacitación da competencia dixital tanto no alumnado como no profesorado.

  • Adquirir estratexias que permitan ao alumnado saber utilizar as tecnoloxías para a aprendizaxe e a comunicación, profundizando na comprensión dos contidos dixitais.

 

O noso colexio, atópase nun proceso de aposta decidida polo emprego das novas tecnoloxías en convivencia con outras metodoloxías educativas convencionáis. Dende o presente curso 22-23, está en marcha o Proxecto de dixitalización Chromebook, que consiste na implantación dun programa de aprendizaxe con dispositivos e licencias dixitais. Os novos equipamentos complementarán de xeito decisivo este proxecto, achegando o traballo na pantalla táctil da aula á pantalla táctil de cada alumno/a.

​

O investimento realizado supón un notable avance para a mellora dos procesos de ensino-aprendizaxe do centro. Dende aquí, o noso agradecemento a todos os organismos que posibilitaron estas axudas. Esperamos que sigan apostando pola transformación dixital nos centros educativos.​​

CONCESIÓN DE LA SUBVENCIÓN PARA LA DOTACIÓN DE AULAS DIGITALES COFINANCIADAS POR EL FONDO EUROPEO RELATIVO AL MECANISMO DE RECUPERACIÓN Y RESILIENCIA DE LA UNIÓN EUROPEA 2023 (ED301K)

Os obxectivos a acadar coa implantación

das aulas dixitais son:

​

  • Implantar 6 novas aulas dixitais, dotadas de panéis interactivos de 75" e ordenadores actualizados.

  • Incorporar actividades vinculadas ao emprego de medios audiovisuais na aula.

  • Acadar un óptimo rendemento e axilidade no emprego das distintas ferramentas didácticas.

  • Garantir a utilización de metodoloxías innovadoras favorecidas pola utilización de equipos preparados para incorporar os últimos avances dispoñibles.

  • Desenvolver unha mellor capacitación da competencia dixital tanto no alumnado como no profesorado.

  • Desenvolver a creatividade, a innovación e o emprendemento.

  • Promover o uso responsable das tecnoloxías.

  • Ofrecer contidos máis ricos e temáticas innovadoras: robótica, sostibilidade, aprendizaxes STEM, así como acercar virtualmente a cultura á aula.

  • Traballar na edición de contidos dixitais.

  • Ampliación da vida operativa das aulas dixitais.

Cartel pantall-Captura.JPG
sellos.jpg
Captura.JPG
Sello en png.png

981 26 26 06
secretaria@cfranciscanos.es

Av. Calvo Sotelo 41 - 15004 - A Coruña

HORARIO
Septiembre, de 9:20 a 14 h
Octubre a mayo, Lunes a jueves, de 9:20 a 13 y de 15 a 17:15 h Viernes, de 9:20 a 14 h
Julio, de 10 a 13 h

NOMBRE:

CORREO:

NEWSLETTER / NOVEDADES

© 1971 - 2026 COLEGIO PLURILINGÜE  FRANCISCANOS CORUÑA

bottom of page