top of page

4ºESO visita os Xulgados


O pasado mércores 29 de novembro o alumnado de 4ºESO tivo a oportunidade de asistir a celebración de varios xuízos no Xulgado de Instrución número 3 de A Coruña coa xuíza Margarita Ron. A actividade, Educar en Xustiza, desenvolveuse no marco do Itinerario de Oratoria e Debate que vimos traballando no Colexio e que ten para nós o obxectivo de mellorar a expresión oral en diferentes ámbitos lingüísticos; neste caso, a linguaxe xurídica.


Esta actividade resultou de grande interese porque, ademais de ver a importancia dunha boa competencia oral á hora de defender unha postura, puidemos aprender certas cuestións legais.


Asistimos a xuízos rápidos por delitos leves de lesións, danos, roubo, estafa, coacción e ameazas. Alén diso, vimos que a Xustiza tamén ten a súa parte humana; quedounos patente co arrepentimento sincero dun acusado que pediu disculpas publicamente, xesto que a xuíza terá en conta, pois asegurou que lle rebaixará a condea.


E como colofón final, ensináronnos o lugar onde se fan as roldas de recoñecemento e ata nos meteron nun calabozo! Diremos que os calabozos son moi fríos en todos os aspectos; así que, como nos aconsellou a xuíza, mellor actuar con sentido, e chegado o caso, resolver os conflitos cordialmente. Moitas veces actuar con impulsividade remata no banco dos acusados.


Foi unha xornada entretida e enriquecedora. Compartimos aquí unhas fotos como lembranza.












145 visualizaciones

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page