top of page
Foto del escritorFranciscanos Coruña

Circular Entroido

Actualizado: 18 jun 2020

Estimadas familias, Paz e Ben. Co motivo do ENTROIDO está programada para o venres día 21 de febreiro, pola tarde, unha festa no Colexio organizada polo Centro e maila ANPA, coa colaboración do profesorado, alumnado voluntario de 3º e 4º de Secundaria e exalumnos. Para Infantil haberá un taller de maquillaxe entre outras actividades. Gustaríanos contar coa participación de todo o alumnado. Os nenos/as terán que vir disfrazados/as e con moitas ganas de pasalo ben. Horario: - Entrada ás 15:00h (apertura da porta para tódolos alumnos, incluídos os de comedor que van a disfrazarse a súa casa). - Saída ás 17:00h (cada curso sairá polas portas habituais). - Infantil sairá ás 16:45h. Comedor: o alumnado de comedor poderá traer o disfraz (nunha bolsa co seu nome) para disfrazarse no Centro, ou poderedes vós mesmos vir disfrazalos entre as 14:15h e as 14:45h. Se algún deles non vai facer uso do comedor neste día é preciso avisalo, na Secretaría do Centro, o mércores ou xoves. *O alumnado de 3º e 4º de Secundaria venderá, entre outros, produtos típicos destas festas para recaudar fondos para a excursión de fin de etapa. AVISOS: - Os alumnos/as de Infantil deberán vir pola mañá co chándal do colexio, xa que os imos vestir cos disfraces feitos con cartón e outros materiais. Se a climatoloxía o permite, sairemos a percorrer o contorno próximo durante a xornada de mañá. - Lembrámoslles que, pola Lei de Protección de Datos, non se poden sacar fotos dentro das instalacións do Centro. As imáxenes da festa publicaranse na nosa web. - Non se permite traer petardos, sprays, confeti... nin aquelas cousas que poidan molestar aos demais. - Pola tarde non haberá actividades extraescolares. - Son días non lectivos: 24, 25 (Entroido) e 26 de febreiro (mércores de cinza), 19 de marzo (festividade autonómica - Día San Xosé), 20 de marzo e 18 de maio (días autorizados pola Consellería)



93 visualizaciones

Entradas Recientes

Ver todo

Comments


bottom of page