top of page

Culpable ou inocente?

Actualizado: 27 ene 2023


O pasado venres 18 de novembro o grupo de 4º de Secundaria acudimos ao Xulgado de Instrución nº6 da Coruña nunha visita enmarcada no ciclo de actividades do Proxecto IOD de Oratoria e Debate do noso colexio.


Recibiunos a maxistrada María Jesús García, quen nos explicou en que consiste o seu traballo como xuíz e solventou todas as nosas dúbidas. Introduciunos nos catro procesos aos que puidemos asistir como público: un xuízo por agresión e outro por estafa, ambos en presenza da fiscal; e outros dous xuízos privados -xa sen fiscal-: unha acusación de delito de coaccións e un problema entre veciños polas prazas de garaxe.


Agradecemos á maxistrada a paixón coa que nos explicou os pormenores destes procesos e do que supón a carreira xudicial, notamos que o seu traballo é totalmente vocacional. Como todos os casos quedaron vistos para sentenza, vainos facer chegar a resolución dun dos catro en canto estea resolto para que poidamos ver como xustifica a decisión.


A xornada foi todo un éxito. Puidemos comprobar a importancia da correcta expresión oral e confiamos ter inspirado ao noso alumnado con esta visita.

189 visualizaciones

Entradas recientes

Ver todo

コメント


bottom of page