O VENRES, día 28, celebraremos a Festa de disfraces no Colexio, contando coa colaboración da ANPA.
Horario de entradas e saídas: será o habitual de cada etapa e dos servizos de madrugadores e comedor.
Virase disfrazado/a da casa, so nalgún caso puntual que isto non sexa posible, poderán vir co chándal do colexio e traer o disfrace nunha bolsa co seu nome. Se algún alumno/a non quere disfrazarse deberá asistir uniformado co chándal.
Neste curso plantexamos unha festa distinta, o alumnado voluntario de secundaria encargaránse de realizar actividades e talleres variados para que o resto do alumnado disfrute dunha mañá divertida e cooperativa. Algúns dos talleres serán de origami, maquillaxe, puntería, baile...
Algúns alumnos/as dos cursos de 2º e 3º de Secundaria venderán, entre outros, produtos típicos destas festas para recadar fondos para a viaxe de fin de etapa que van a realizar no vindeiro curso, polo que o alumnado de Primaria e Secundaria poderá traer cartos para mercar.
AVISOS:
As imaxes da festa publicaranse na nosa web e no Instagram.
Non se permite traer petardos, sprays, confeti... nin aquelas cousas que poidan molestar aos demais.
Mantéñense as actividades extraescolares (no caso de non asistir é preciso avisar).
Son días non lectivos: 3, 4 (Entroido) e 5 (mércores de cinza) de marzo.
Gustaríanos contar coa participación de todo o alumnado.
Agradecemos de antemán a vosa colaboración.
留言