
10 de febreiro de 2023
Estimadas familias: Paz e Ben.
Co motivo do ENTROIDO están programadas as seguintes actividades:
Ø XOVES día 16 pola tarde: Festa de disfraces no Colexio contando coa colaboración da ANPA. Haberá animación entre outras actividades.
*Horario:
- Entrada ás 15:30h (apertura da porta para todo o alumnado que veña da casa, incluídos aqueles de comedor que teñan pensado ir disfrazarse a súa casa).
- Saída ás 17:30h (cada curso sairá polas portas habituais).
- Infantil sairá ás 17:20h.
* Comedor: o alumnado de comedor poderá traer o disfrace (nunha bolsa co seu nome) para disfrazarse no Centro, ou poderedes vós mesmos vir disfrazalos entre as 14:30h e as 15:00h. Se algún deles non vai facer uso do comedor neste día é preciso avisalo antes do mércores 15, na Secretaría do Centro.
* Os cursos de 2º e 3º de Secundaria venderán, entre outros, produtos típicos destas festas para recadar fondos para a viaxe de fin de etapa do vindeiro curso, polo que o alumnado de Primaria e Secundaria poderá traer cartos para mercar.
O VENRES, día 17: Desfile de entroido
O alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria mergullarase nas profundidades do océano con disfraces relacionados co noso proxecto deste curso “Mundo submarino”.
O alumnado deberá traer o chándal do colexio e unha parte de arriba (sudadeira, xersei ou roupa de abrigo...) negra ou de cor escura.
Nalgúns cursos, os titores enviarán información complementaria solicitando a colaboración das familias na elaboración de complementos sinxelos, que traerán ao colexio nunha bolsa co seu nome.
O percorrido do desfile de entroido realizarase pola contorna do colexio (zona Paseo das Pontes) en horario de 12:45h a 13:30h, sempre que a climatoloxía o permita.
AVISOS:
- Lembrámoslles que, pola Lei de Protección de Datos, non se poden sacar fotos dentro das instalacións do Centro. As imaxes da festa publicaranse na nosa web e no Instagram.
- Non se permite traer petardos, sprays, confeti... nin aquelas cousas que poidan molestar aos demais.
- Mantéñense as actividades extraescolares.
- Son días non lectivos: 20, 21 (Entroido) e 22 (mércores de cinza) de febreiro.
Gustaríanos contar coa participación de todo o alumnado.
gradecemos de antemán a vosa colaboración.
Comments