Estimadas familias: Paz e Ben.
Co motivo do ENTROIDO están programadas as seguintes actividades:
XOVES día 8 pola tarde: Festa de disfraces no Colexio contando coa colaboración da ANPA. Haberá animación entre outras actividades.
*Horario:
Entrada ás 15:30h (apertura da porta para todo o alumnado que veña da casa, incluídos aqueles de comedor que teñan pensado ir disfrazarse a súa casa).
Saída ás 17:30h (cada curso sairá polas portas habituais).
Infantil sairá ás 17:20h.
*Comedor: o alumnado de comedor poderá traer o seu disfrace (nunha bolsa co seu nome) para disfrazarse no Centro, ou poderedes vós mesmos vir disfrazalos entre as 14:30h e as 15:00h. Se algún deles non vai facer uso do comedor neste día é preciso avisalo antes do mércores 7, na Secretaría do Centro.
*Alumnado dos cursos de 3º e 4º de Secundaria venderán, entre outros, produtos típicos destas festas para recadar fondos para a viaxe de fin de etapa que van a realizar este curso, polo que o alumnado de Primaria e Secundaria poderá traer cartos para mercar.
VENRES, día 9: Desfile de entroido:
Dentro do noso proxecto “Somos irmáns”, o alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria realizáronse disfraces en relación coas “Emocións”. O percorrido do desfile de entroido realizarase pola contorna do colexio (zona Paseo das Pontes) en horario de 12:45h a 13:30h, sempre que a climatoloxía o permita.
O alumnado deberá traer o chándal do colexio e unha parte de arriba (sudadeira, xersei ou roupa de abrigo...) negra ou de cor escura.
AVISOS:
Lembrámoslles que, pola Lei de Protección de Datos, non se poden sacar fotos dentro das instalacións do Centro. As imaxes da festa publicaranse na nosa web e no Instagram.
Non se permite traer petardos, sprays, confeti... nin aquelas cousas que poidan molestar aos demais.
Mantéñense as actividades extraescolares, as do xoves pola tarde serán a continuación do remate da festa.
Son días non lectivos: 12, 13 (Entroido) e 14 (mércores de cinza) de febreiro.
Gustaríanos contar coa participación de todo o alumnado.
Agradecemos de antemán a vosa colaboración.
Commentaires