Festa do Entroido
- Beatriz Míguez Candal
- hace 1 día
- 1 Min. de lectura

Este VENRES, día 13, durante a xornada escolar, celebraremos o Entroido cunha Festa de disfraces no Colexio.
Horario de entradas e saídas: será o habitual de cada etapa e dos servizos de madrugadores e comedor (hora límite de recollida as 16:00h).
Virase disfrazados/as da casa, so nalgún caso puntual que isto non sexa posible, poderán vir co chándal do colexio e traer o disfrace nunha bolsa co seu nome.
Se algún alumno/a non quere disfrazarse deberá asistir uniformado co chándal.
Nesta festa, o alumnado voluntario de Secundaria, encargaranse de realizar actividades e talleres variados para que o resto do alumnado disfrute dunha mañá divertida e cooperativa.
Algúns alumnos/as dos cursos de 3º e 4º de Secundaria venderán, entre outros, produtos típicos destas festas para recadar fondos para a viaxe de fin de etapa que van a realizar neste curso, polo que o alumnado de Primaria e Secundaria poderá traer cartos para mercar.
AVISOS:
As imaxes da festa publicaranse na nosa web e no Instagram.
Non se permite traer petardos, sprays, confeti... nin aquelas cousas que poidan molestar aos demais.
Mantéñense as actividades extraescolares (no caso de non asistir é preciso avisar).
Son días non lectivos: 16, 17 (Entroido) e 18 (mércores de cinza) de febreiro.
Agradecemos de antemán a vosa colaboración.




Comentarios