top of page

Listaxes provisionais de admitidas/os no Programa de bolsas de comedor 2019

Hoxe 4 de setembro de 2019, publícanse nas oficinas dos rexistros municipais, taboleiros de anuncios dos centros cívicos municipais, no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, na páxina web municipal da área dos servizos sociais e no teléfono de información cidadá 010 do Concello da Coruña, as listaxes provisionais de admitidas/os e excluidas/os da convocatoria do Programa de bolsas de comedor do Concello da Coruña para o curso 2019-2020.

Nesta listaxe indícanse as causas de exclusión e concédese un prazo de 10 días hábiles para emendar a documentación as persoas que teñan un requerimento dela  que será do 5 ó 18 de setembro de 2019, ambos os días incluídos.

A información pódese obter na web municipal de servizos sociais (www.coruna.es/serviciossociales), no teléfono 010 de información cidadá e nos centros cívicos municipais.

Atentamente,

Programa municipal de traballo con familias

76 visualizaciones

Entradas Recientes

Ver todo
bottom of page