top of page

MULLER RECOÑECIDA A NIVEL NACIONAL NO NOSO COLEXIO

Quinto e sexto de primaria tiveron o privilexio de coñecer a Paula Carballeira, o mércores 14 de xuño.


Como? Non sabes quen é Paula Carballeira?


Ah, ninguén importante, soamente filóloga, escritora, actriz, poetisa, monologuista, contacontos.

Para un momento, dende cando contar contos é un oficio? Pois para ela, é un oficio moi importante.

Toda a experiencia foi inesquecible, excepto cando nos deron a noticia, igual que cando nos mandan deberes, así, como si nada:

-Apuntade, o día 14 ven Paula Carballeira.

- E nós - Vale.


Libro na man, bolígrafo escribindo pregunta

s, nervios en todo o corpo e nós sentados na mesa. Os escasos minutos facíanse horas. De pronto, un ruído no corredor e... era quinto, que se sentaron nas cadeiras. No seguinte intre, outro ruído no corredor. Non, non era cuarto, era Paula Carballeira! Estaba protexida dunha gardaespaldas, ou acompañada dunha moza. Non estou seguro.

Contounos a historia dun dos seus 40 libros, que limos no segundo trimestre: "Bruja y familia", libro que tiña moito que ver con ela.

Non vou contar o ben que fala en público, nótase que é unha boísima profesinal, unha gran narradora.

Despois fixémoslle unha morea de preguntas, todas contestadas.

E antes de acabar, fixemos unha ronda para que nos firmara, dende o mesmo libro, pasando por follas e acabando nunha obra de teatro!

Foi unha experiencia inesquecible, oxalá volva a pasar algo así...

Sergio Carro (no nome do alumnado de 5º e 6º de primaria)



Grazas por unha mañá tan divetida, Paula!



84 visualizaciones

Entradas Recientes

Ver todo
bottom of page