top of page

Protagonistas da Historia - Idade Media

Os alumnos de 5º de Primaria están realizando un proxecto que consiste en estudar a historia a través dos seus personaxes. Cada día aparecen na nosa clase dous o tres personaxes, coma saídos dunha máquina do tempo, e nos falan da súa vida e da súa época.


O alumnado investiga ao personaxe, prepara os seus textos en primeira persoa, elabora unha presentación de Power Point, busca un disfraz (coa axuda das familias) e botan a voar a imaxinación para preparar xogos e preguntas para facer aos seus compañeiros.


Con todo, descubren a historia dun modo lúdico e, aínda que os protagonistas pasan moitos nervios, merece a pena o traballo feito: esquecerán moitas cousas, pero non olvidarán a aquel compañeiro disfrazado de árabe, de rei, de navegante o de conquistador.


Algunhas fotografías dos personaxes da Idade Media: Recaredo, Alfonso X o Sabio, Marco Polo, Don Pelayo, unha campesiña do Camiño de Santiago, Ibn Hazm de Córdoba, Maimónides, Abderramán III, Averroes.


Haberá máis! Próximamente, os personaxes da Idade Moderna...




Aínda quedan os da Idade Moderna, así que atentos!



141 visualizaciones

Entradas Recientes

Ver todo

Comentarios


bottom of page