top of page

Tenda Solidaria de Nadal

O Concello da Coruña pon en funcionamento un ano máis a Tenda Solidaria de Nadal. Entre os días 10 de novembro e o 5 de xaneiro funcionará o servizo municipal de recollida e entrega de xoguetes do Nadal.


Como colaborar con esta iniciativa?

Durante as datas sinaladas, un servizo municipal de recollida almacenará e entregará, as doazóns desinteresadas de xoguetes destinados a nenos e nenas de ata 14 anos. Todo con carácter gratuíto.


Que pretende esta iniciativa?

Desexamos fomentar a economía circular e a reutilización de xoguetes co obxectivo da redución do consumo de materias primas e a diminución da pegada de carbono na súa produción.


Localización da Tenda Solidaria de Nadal:

Rúa Juan Flórez, 104

Consultar os amplos horarios na web municipal.


Para máis información pode chamar ao 981 18 98 20 ou ao teléfono de información do concello 010.

Comments


Sello en png.png

981 26 26 06
secretaria@cfranciscanos.es
Av. Calvo Sotelo 41, 15004, A Coruña

© 1971 - 2025 COLEGIO PLURILINGÜE  FRANCISCANOS CORUÑA

NOMBRE:

CORREO:

NEWSLETTER / NOVEDADES

bottom of page