top of page

LETRAS GALEGAS

Actualizado: 18 jun 2020



Este ano adícaselle o día das Letras Galegas ao filólogo Ricardo Carballo Calero. Se queredes saber quen foi e por que é merecente desta homenaxe, mirade a presentación feita por Alejandra Ovalle Cotelo, de 3º Secundaria, que temos a continuación. PRESENTACIÓN.

E agora que xa sabedes algo máis sobre Carballo Calero e esta festividade, talvez sexades quen de rematar con éxito este escape room, este xogo de pistas no que teredes que rescatar ás Letras Galegas... Dicídenos se o logrades!


 

ENTREVISTA A ANDREA MACEIRAS


Iria Alcalde e Lucía Alvedro de 3º Secundaria fixéronlle unha entrevista á escritora Andrea Maceiras en relación co seu libro O que sei do silencio. Velaquí o resultado. ENTREVISTA


 

ROTEIROS:


O autor homenaxeado este ano 2020 no día das Letras Galegas é o filólogo Ricardo Carballo Calero.

Con tal motivo, as profesoras de Bioloxía e de Lingua vos propoñemos aos alumnos de 3ºESO un traballo voluntario que imos titular “Roteiros”.


Entre as moitas facetas de Carballo Calero quixemos salientar neste caso o seu traballo como profesor durante os anos 50 nun colexio no que se practicaba unha pedagoxía moi novidosa. O colexio Fingoi, en Lugo, estaba no medio do campo, nunha contorna natural, e contaba no seu interior con instalacións botánicas, gandeiras, obradoiros de carpintería, de electricidade, metais e con motores de explosión adaptados ao ensino, ademais de laboratorios de ciencias, física e química, e mantiñan un xardín e unha horta escolar. A literatura galega se traballaba mediante representacións teatrais, xogos dramáticos e recitais poéticos.


De entre todas estas actividades tan novidosas que realizaban os alumnos de Carballo Calero, ímonos quedar coa que el mesmo deu en chamar “Roteiros”, que consistían na organización de excursións e itinerarios artísticos e da natureza.

Polo tanto, o voso traballo consistirá en preparar un roteiro para facer a pé ou en bicicleta por calquera zona de Galicia no que explicaredes detalladamente o itinerario, a dificultade que supón en cada tramo e o que podemos ir atopando en canto a elementos da paisaxe, fauna, flora e se é o caso, monumentos.

E nesta sección imos publicar algúns deses roteiros que nos ides mandando.

Benjamín proponnos un percorrido peonil pola cidade da Coruña, Iria lévanos a facer un roteiro mariñán de 12 km, Inés programou un roteiro da Costa de Baroña ás Furnas, para amantes da costa e do interior galego, e Jacobo lévanos do Ézaro ao Cebreiro.


182 visualizaciones

Entradas Recientes

Ver todo
bottom of page